GCiencia

En busca da pegada Galaico-Romana

Castros en paisaxes de lenda e asentamentos romanos. A provincia de Pontevedra é rica en patrimonio arqueolóxico. En rutas turísticas que fan historia. E que están esperando ser descubertas. Estamos listos para viaxar 'en busca da pegada Galaico-Romana'.

Os 18 xacementos

A través de 18 xacementos, a Deputación de Pontevedra convídanos a percorrer a provincia "En busca da pegada Galaico-Romana". Desde prósperos castros emprazados xunto ao mar ata poboados fortificados nas montañas, que ofrecen unha paisaxe espectacular. Na nosa infografía interactiva, podes descubrir esta ruta, que percorre os municipios de de Campo Lameiro, Tui, As Neves, Silleda, Marín, Cotobade, Cuntis, Oia, Ponteareas, O Grove, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía, Ribadumia, Rodeiro, Cangas e A Guarda.

Confín dos verdes castros

Por Victoria García

De plácidos poboados xunto ao mar, a castros fortificados nos altos cumes. Desde asentamentos comerciais aos dedicados á salgadura de peixe. Do mundo castrexo ao mundo romano. O programa "En busca da pegada galaico-romana" permítenos descubrir 18 interesantes xacementos na provincia de Pontevedra. Cada cal dá acubillo á súa propia historia e todos teñen un trazo distintivo que convida a coñecelos.

Ler máis

'Por número de xacementos da Idade do Ferro somos un fenómeno mundial'

Por Eduardo Rolland

Rafael Rodríguez, arqueólogo provincial, aposta por "converter os castros nun gran atractivo turístico"

Ler máis

CASTRO DE PENALBA (Campo Lameiro)

ALTO DOS CUBOS (Tui)

COTO DE ALTAMIRA (As Neves)

CASTRO DE TOIRIZ (Silleda)

CASTRO DE A SUBIDÁ (Marín)

ALTO DA CRUZ DO CASTRO (Cotobade)

CASTROLANDÍN (Cuntis)

A CABECIÑA (Oia)

CASTRO DE TROÑA (Ponteareas)

ADRO VELLO (O Grove)

MONTE DO CASTRO (Ribadumia)

IGREXA VELLA (Valga)

MERCADO DOS MOUROS (VALGA)

PORTA DE ARCOS (Rodeiro)

A LANZADA (Sanxenxo)

FACHO DE DONÓN (Cangas)

CASTRO DE ALOBRE (Vilagarcía)

CASTRO DE SANTA TREGA (A Guarda)